Observaciones |
|
|
MAGE 12-25: 25 anos do instituto de Carril
Doce ex alumnos que xa comezaron a súa andaina profesional e vintecinco hoxe alumnos se reúnen nunha exposición para celebrar o 25 aniversario do IES de Carril, un dos poucos de Galicia onde se imparte o bacharelato artístico. É, tamén, a duodécima edición da mostra artística do centro, de aí o dobre xogo: 12 anos e 12 ex alumnos e 25 anos e 25 alumnos actuais.
Pintura, escultura, fotografía, deseño, debuxo, instalacións... de todo hai nesta exposición que permanecerá aberta na Sala Rivas Briones dende o 20 de abril ao 24 de maio, no horario habitual da sala.
O grupo dos doce está formado por: Sabela Abilleira, Sebas Anxo, David Buceta, Ramón Díaz, Cristina Díaz, Gabry Gallego, Ana María González, Noé Peláez (Akeno Omokoto), Pablo Pérez, Franco Quintáns, Marta Ramos e Susana Suárez.
No grupo dos vintecinco figuran: Aída Bao, Rita Barreiro, Olaia Cacabelos, Ioga Cacabelos, Aarón Caldas, Elena Castaño, Lucía Chaulet, María Cores, José de Dios, Helena de Rada, Irene G. Magaña, Alex G. Varela, Diego Jueguen, Sofía Lago, Andrea Lois, Kevin López, Ana Lorenzo, Antón Mesías, Raquel Millán, María Mosquera, Estela Pérez, Andrea Rodríguez, Yolanda Sampere, Pablo Sartal e Raquel Ventoso.
|