_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  AXENDA CULTURAL
Acto
  | FESTAS DE SAN ROQUE 20. Axenda do día
Programa
  | San Roque 2020
Fecha Inicio
  | 17/08/2020
Fecha Fin
  | 17/08/2020
Horario
  | 06:00
Observaciones
 
| LUNS 17 AGOSTO

11:30 – Praza da II República
Festaclown – Superroquiños
Espectáculo: Hop Hop
Compañía: Simone Romanó

“Hop-Hop” é un espectáculo de circo de rúa para todos os tipos de publico, baseado nas artes do circo, no xogo do clown e a interacción co público. As técnicas empregadas son os malabares, o verticalismo, a manipulación de obxectos e a improvisación.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

13:30 – Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Mar de Arousa.

19:30 – Praza da II República
Festaclown - 1ª Sesión
Espectáculo: Concerto con Fusión
Compañía: Píscore
* Premio do Público no Festaclown 2019
Nesta produción (con) fusionamos música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, Concerto con Fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco.

Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seus instrumentos.

+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

20:30 - Rúas da cidade
Pasacalles
Grupo de Gaitas Mocedade da Torre 83

21:00 – Alameda
Concerto Son da Casa
Suricar
Dúo musical de estilo cantautor formado pola guitarrista Maite González e a cantante Alba Nogueira.

Sen reserva previa ata completar aforo.

22:00 – Rubiáns
Cine na rúa
Los Japón
En 1614 unha expedición xaponesa encabezada polo neto do emperador desembarcou no pobo sevillano de Coria del Río, e o herdeiro ao trono namorouse dunha bela sevillana, formou unha familia e nunca regresou a Xapón. 400 anos despois, o Emperador Satohito morre e o herdeiro lexítimo resulta ser Paco Xapón. A vida de Paco e da súa familia cambiará drasticamente cando se vaian a vivir ao Palacio Imperial. O choque cultural e lingüístico entre xaponeses e andaluces provocarán situacións cómicas e disparatadas.

Duración: 91 min. Xénero: Comedia

22:00 – Praza da II República
Festaclown - 2ª Sesión
Espectáculo: Concerto con Fusión
Compañía: Píscore
+ info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal

23:00 – Parque da Xunqueira
CONCERTO
A Banda da Loba
Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical.

Con reserva previa en http://www.woutick.es

   
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2012  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -