20:30. Praza de Ravella. Pregón en homenaxe ao persoal do centro de saúde de Vilagarcía e o hospital do Salnés pola súa loita contra a covid-19.
Será traducido simultaneamente en lingua de signos.
21:00 – Salón García “Conversas con Tana” (Humor) Alejandro Guanella Espectáculo teatral familiar baseado na ventriloquía, onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana manteñen unha fluída e divertida conversa na que afloran diálogos delirantes.
Sen reserva previa ata completar aforo
23:00 – Praza da II República Verbena en butaca Orquestra La Oca “Historia da verbena” Dúas horas de espectáculo nunha viaxe musical por todas as grandes cancións da verbena galega e universal. Con reserva previa en http://www.woutick.es