Observaciones |
|
|
As miniaturas navais de Arturo Tabares pódense admirar na planta baixa do Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA)
A un lado do corredor la planta baixa do edificio situado ao pe odo Paseo Marítimo dispuxéronse diversas embarcacións tradicionais típicas galegas, e ao outro as maquetas de maior tamaño e que se corresponden con galeóns, fragatas e outros modelos de barcos que existiron, como un remolcador ou a lacha Centinela, que estiveron anos no peirao de Vilagarcía, ou unha réplica a escala do buque escola da Armada Italiana.
A maqueta máis antiga data do ano 1946 e as medidas das mesmas oscilan entre os 40 centímetros ata máis de metro e medio de longo. Todas eles foron cedidos temporalmente pola muller e fillos de Arturo Tabares, que finou hai un tempo. |