Observaciones |
|
|
A 22 edición da mostra de fotoxornalismo galego “Galicia en Foco” rganizada polo Club de Prensa de Ferrol reúne este año unha selección das 105 imaxes tomadas por 35 fotógrafos de prensa de Galicia.
A exposición itinerante divídese en dous apartados. O primeiro, o de Fotoxornalismo propiamente dito, recolle os traballos de 22 profesionais que aportan tres imaxes de temática diferente tomadas no ano anterior ao da publicación do catálogo da 22 edición. No apartado de fotoreportaxe concorren 13 fotógrafos, cada un dos cales presenta tres imaxes dun mesmo tema. Na mostra tamén se poderá admirar o traballo do gañador desta vixésimo segunda edición do Galicia en Foco, Carlos Folgoso, coas fotos da súa reportaxe en imaxes titulada “Lume na Raia”, sobre os incendios forestais acontecidos na fronteira entre Galicia e Portugal hai máis dun ano cuxas fotografías foron publicadas na Voz de Galicia.
Entre as firmas que figuran no Galicia en Foco deste ano atópanse varios profesionais coñecidos na bisbarra como Carlos Puga, José Luiz Oubiña ou Miguel Riopa. No seu conxunto, a mostra de Galicia en Foco permite facer un percorrido en imaxes do que foi a actualidade informativa do último ano. |