|
Baixo o título “Miradas: De Córdoba a la Ría”, o pintor cordobés compón unha exposición con cadros cuxos motivos céntranse en paisaxes característicos da Ría de Arousa e da súa Córdoba natal, con especial atención á vexetación e os motivos florais.
Cun realismo puro e marcado debido a unha asombrosa precisión co pincel e do dominio das cores, as obras de Adolfo Amaro semellan fotografías nas que se poden admirar dende unha mariña de Carril co fondo da Illa de Cortegada a unha fiestra dunha típica casa cordobesa onde os xeranios desbordan polo enreixado. A arquitectura mozárabe da Mezquita de Córdoba, con todo o detalle das súas labradas fiestras; os patios andaluces cos seus pozos rodeados de flores; ou as hortensias do Pazo de Oca son algúns dos motivos que reinciden na mostra que se inaugura esta tarde na Sala de Exposicións do Auditorio.