Observaciones |
|
|
Mediante fotografías, paneis informativos, partituras e libretos, o visitante poderá tomar contacto co compositor de Ponteareas, pai no famoso pasodobre dedicado a esta cidade.
Polifacético músico que dominaba numerosos instrumentos, especialmente de vento, Reveriano medrou vivindo a música grazas ao seu pai e irmáns. Aos doce anos compón a súa primeira obra, a mazurca “Sólo por ti”.
A súa primeira zarzuela, “El regreso”, a estrea no teatro Tamberlick de Vigo e non tardará en pisar os escenarios madrileños con Don Simón. “El último romántico”, “La leyenda del beso” e o famoso pasodobre “Ponteareas” son outras das súas obras máis representativas. |