Observaciones |
|
|
O peirao de Vilaxóan vibrará este domingo coa disputa da última regata Liga Galega de Traíñas e na que se decidirá o título. A proba comezará ás once da mañá coa celebración coa proba da Bandeira Concello de Vilagarcía. Esta competición organizada dende a Fundación Municipal de Deportes e o Club de Remo Vilaxoán, contará con varias novidades que fan que este ano se converta nun acto de especial importancia. Por unha banda, será a primeira vez na que a competición se disputará tamén na categoría feminina. No caso masculina, chegan este ano á súa decimosexta edición.
A competición dará comezo coa categoría feminina ás once da mañá no peirao. Ás once e media sairán as primeiras embarcacións masculinas, correspondentes ós últimos clasificados da xeral. As sete primeiras traíñas sairán baixo o formato de quenda conxunta, contando cun intervalo de dous minutos entre as tres primeiras e as catro seguintes; seguindo co procedemento, sairán dúas quendas máis de cinco embarcacións que haberán de realizar o percorrido habitual cada unha de 3 millas náuticas, o que serían 5.556 metros. De seguido procederase á entrega das bandeiras, dotadas con 6.000 euros en premios en metálico para a categoría masculina e 1.200 para a feminina. |