Observaciones |
|
|
Ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela, e pór en valor o sector gandeiro galego, é a razón de ser da exposición “O país das vacas”. A exposición de Lobato componse de 132 imaxes nas que o fotógrafo coruñés foxe do bucolismo para adoptar un carácter divulgativo que sitúa á vaca como referente do desenvolvemento rural. A mostra pretende contribuír con estas imaxes a que a cidadanía tome conciencia da riqueza económica e social que a vaca xera en Galicia.
A exposición, distribuída en módulos moi visuais, complétase coas reflexións que arredor da vaca fan recoñecidas firmas galegas, como Xosé Luis Méndez Ferrín, Manolo Rivas, Ramón Villares, Rosalía Mera e Antón Losada, entre outras moitas persoas relevantes no mundo da literatura, o xornalismo, a ciencia, a universidade e mesmo a restauración ou a empresa cárnica. |