|
No marco dos actos do Centenario do Concello de Vilagarcía como consecuencia da fusión dos municipios de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril; organízase a exposición sobre Cen ano de Entroido. A mostra recolle diverso material que ilustra como eran as celebracións de entroido neste período a través de fotografías, letras de coplas satíricas, recortes de prensa ou carteis.
A mostra itinerante estivo na Sala Antón Rivas Briones de Vilagarcía do 1 ao 31 de marzo. Agora chega a Vilaxoán e Posteriormente pasará polo Gato Negro de Carril.
A mostra poderase visitar nos salóns do Fogar do Pescador en horario de 10 da mañá ás 14:00 horas.