Observaciones |
|
|
O Centro de Interpretación da Ría de Arousa (CIRA) acolle a mostra de fotografías en tres dimensións sobre o `peirao e embarcacións de Carril, realizadas por Fran Estévez.
A exposición componse de 11 imaxes do peirao de Carril tomadas no ano 2010 por Fran Estévez, veciño da localidade. A técnica utilizada polo autor, fai que as fotografías adquiran profundidade de xeito que, véndoas a través das gafas dispoñibles no propio CIRA, adquiren as tres dimensións proporcionándolle ao espectador a sensación de se atopar vendo a realidade e mesmo de poder introducirse nos diferentes planos dunha imaxe. |