Observaciones |
|
|
O Combate Naval que este ano arrancará cunha alusión á conmemoración do centenario do Concello de Vilagarcía de Arousa tras a fusión dos municipios de Carril, Vilagarcía e Vilaxoán.
A parte central e máis significativa do Combate Naval de Vilagarcía é a batalla entre o castelo e o barco que da nome ao espectáculo de fogos de artificio. Este ano, o Combate tamén será máis vistoso se cabe, xa que contará co castelo máis grande disparado no Combate Naval de Vilagarcía, que suma xa 147 anos de historia e que rememora a batalla no porto peruano de Callao. A estrutura que se montará no peirao do Ramal terá 28 metros de largo (8 máis que o ano pasado) e 16 de alto. E contra el terá que baterse o barco que lle disparará dende a auga.
O espectáculo pirotécnico rematará, como manda a tradición, cunha atronadora traca final. En total, no Combate Naval deste ano utilizaranse 500 quilos de material explosivo distribuído en 5.000 unidades.
|