Observaciones |
|
|
A Gala Panorama Contra o Cáncro, un evento musical dos máis multitudinarios que se celebran en Galicia ao longo de todo o ano e no que, ademais da emblemática orquestra galega, actuarán importantes estrelas da canción, tanto a nivel nacional como internacional. O cartel deste ano fórmano Antonio Orozco, Carlos Baute, Azúcar Moreno, David Civera, Merche, Kiko Rivera, Cali y el Dandi, Xuso Jones, Chino y Nacho, Inna, DKB, Canarias e José Costa. Os cantantes actuarán de xeito alterno coa integrantes da Orquestra Panorama e como condutor da gala actuará o humorista Roberto Vilar.
A orquestra Panorama organiza dende hai sete anos esta gala solidaria co obxectivo de recadar fondos opara a Asociación Española de Loita contra o Cancro. O evento celébrase por terceiro ano consecutivo en Vilagarcía contando coa colaboración do Concello na organización do mesmo. A recadación pola venta de merchandising e os custes de xestión na venta anticipada serán destinado integramente a este fin. |