|
Concertos de pago, actividades de balde para toda a familia, sardiñada popular, postos de artesanía e mostras artísticas tomarán este pequeno recuncho da Ría de Arousa durante os tres días de festival, no que hai acampada libre para a xente que queira durmir ao ladiño do mar. O abono dos dous días de concertos de pago costa este ano 22€ e a entrada para o día solto 14€ e poden mercarse a través da páxina web do festival e nos postos de venda físicos.