|Anticipada a 6, 7 e 8 euros. O día da función, na billeteira, a 9 euros.
Venta
|Anticipada, en www.servinova.com ou no Tlf. 902504500. O día da función no Auditorio a partir das 16:00 horas
Observaciones
|
“A Lenda do Unicornio” narra a historia dun pobo de pescadores no que a necesidade obriga a todos os maiores a facerse ao mar para pescar, polo que os nenos quedan sós nas súas casas. O que parece ser un día tranquilo para os pequenos convértese en toda unha aventura cando os nenos vénse sorprendidos polo terrible Unicornio do Mar, que se atopa moi enfadado porque perdeu a súa cría.
A protagonista da historia é Mariña, unha nena que grazas a súa bondade e inocencia, logra gañarse a amizade do unicornio e acompañalo ata o fondo do mar para atopar a súa cría. Nesta viaxe contará coa axuda de peixes, estrelas de mar, pelicanos e ata magos, cos que vivirán grandes e emocionantes aventuras.
Actores reais e bonecos interpretarán aos 17 personaxes que protagonizan esta historia musical na que tamén haberá efectos especiais, maxia, coloridos vestiarios e vistosos decorados. O espectáculo pono en escena Jana Producciones, unha compañía con 13 anos de experiencia no sector e que suma no seu haber numerosos éxitos a nivel nacional, entre eles un premio Max ao mellor musical en 2007.