Observaciones |
|
|
A mostra “Luces do Mundo” que forma parte do programa de exposicións itinerantes do Museo de Pontevedra. A través desta colección de imaxes, o xornalista e fotógrafo vigués Anxo Rial invita ao espectador a viaxar por diversos puntos do planeta a través dunha obra que é froito da combinación de dúas paixóns: a fotografía e a viaxe. A nota común e característica das fermosas fotografías de Rial son a luz e os grandes espazos.
Anxo Rial é asiduo colaborador de numerosas publicacións de tirada nacional, como Viajes-National Geographic, Geo, Desnivel, Casanovafoto, Grandes espazos, Escalar, Turismo rural, Descubrir, Caminar, Paisajes desde el tren, Campo base ou El mundo de los Pirineos. |