Observaciones |
|
|
Exposición coa que se abre o programa que a Concellería de Cultura deseñou para celebrar o evento que organizan alternativamente o Concello de Vilagarcía, o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.
O coñecido fotógrafo arousán colgará na gastro taberna Churruca, na Baldosa, varias fotografías de camelias, para amosar con diversos planos, enfoques e puntos de vista, a fermosura, delicadeza e voluptuosidade da flor características das Rías Baixas, así como a súa constante presenza nas nosas rúas, xardíns ou pazos. |