|Anticipada (máis custes de xestión), en www.ticketea.com ou no Tlf. 902044226. O día da función no Auditorio a partir das 19:00 horas
Observaciones
|
“Monólogo do Imbécil” é unha obra recomendable para todos os públicos protagonizada por Santi, un mozo ao que todo lle sae mal. El procura comportarse coma os demais, ten ilusión por ir á escola coma todo o mundo, por ter un traballo coma todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo.
É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí... coma un imbécil”.
Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas, e remóntase ao momento mesmo da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.