Observaciones |
|
|
“Scenes at Arosa Bay: Vidas propias, miradas alleas”, é unha exposición realizada polo Concello de Vilagarcía coa colección de fotografías propiedade de Juan Carlos Porto e na que se fai un repaso pola Vilagarcía dos anos 20 do século pasado e que amosa a relación da vila coa Armada Inglesa. A mostra complétase cunha selección de auga tintas de Míriam Villaronga. A inauguración da mostra, o venres 11 de agosto, ás 20:30 horas, contará coa actuación musical do grupo de acordeóns Arosa Bay. |