|
O cambadés Marcelino Ramón Silva Núñez, por todos coñecido como Lino Silva, desembarca esta tarde en Vilagarcía cunha portentosa mostra das súas obras.
Son un total de 20 obras as que Lino Silva expón nesta mostra e coas que se enchen de arte as paredes do baixo e primeiro andar da sala Rivas Briones. Unha colección na que pódense admirar traballos do máis puro estilo tenebrista, a outros abstratos, pasando por cuadros de corte impresionista e tamén realistas. Aínda que una parte da obra corresponde aos últimos anos de traballo deste prolífico creador, Silva tamén inclúe nela obras de épocas anteriores.