|
A Fundación Galega contra o Narcotráfico organiza unha nova edición da mostra “Saudarte. Arte contra a droga” que se poderá ver na sala do Auditorio de Vilagarcía.
“Saudarte” proxéctase como unha invitación a unha vida libre de adicións, fomentando a creatividade e a cultura como manifestacións alegres e enriquecedoras das persoas, fronte o negativismo e a traxedia do consumo de drogas.
Con “Saudarte”, evento de forte connotación social, tódolos artistas fan partícipes ós visitantes do seu talento e a súa solidariedade.