|CONCERTOS: Os Demos da Petaca, Primordiais, Habelas Hainas e Carapaus
Programa
|FOLK NO ALOBRE
Fecha Inicio
|29/07/2017
Fecha Fin
|29/07/2017
Horario
|19:00
Observaciones
|
CONCERTOS DO FOLK NO ALOBRE (Parque Enrique Valdés Bermejo) 19:00 horas
OS DEMOS DA PETACA e PRIMORDIAIS
Formado por Marcelo DoBode e Luis Martíns, dous músicos do ámbito da música galega folk máis actual. Os dous artistas convídannos a unha viaxe polas hortas onde medran e afloran toda a beleza que une a arpa coa voz e a percusión máis terrenal. O seu primeiro traballo, "Droguería Moderna", é un exemplo de que a tradición musical galega continúa creando e innovando.
HABELAS HAINAS Catro rapazas cuxa versatilidade vai alén do feito de seren multiinstrumentistas e lévaas a explorar outros eidos artísticos como a teatralidade e as artes plásticas e visuais facendo de cada espectáculo algo diferente e senlleiro. O punto de partida é a música tradicional e de raíz; séntense parte dunha tradición longa e viva da que xorde a natural necesidade de expresárense, sempre dende unha ollada feminina e plural.
CARAPAUS Baixo a proclama “Somos ghaiteiros, somos revolusionarios”, Carapaus teima en amosar a música tradicional galega, así como fornecer con pezas de composición de fondo trazo tradicional o acervo cultural galego.