|5 euros. Bonificada a 3 euros para desempregados (tarxeta desemprego), mocidade (carnet xoven) e maiores de 65 anos (D.N.I.).
Venta
|Anticipada (con gastos de xestión) en www.ataquilla.com (máis gastos de xestión). O día da función, no Auditorio a partir das 18:00 horas.
Observaciones
|
A compañía Aporía Escénica presenta “Soga e Cinsa”, unha peza de teatro contemporáneo no que se aborda o xenocidio que supuxo dende a Idade Media a caza de bruxas e as súas conexións co actual sistema capitalista.
Seguindo o formato dos trípticos renacentistas, “Soga e Cinsa” aborda en tres partes a caza de bruxas producida en Europa nos séculos XV, XVI e XVII, co obxecto de visibilizar o xenocidio que supuxo e a súa perversa conexión co desenvolvemento do sistema capitalista. A peza amosa toda unha peregrinaxe de sombras que procuran as luces da xustiza e do recoñecemento de máis de 60.000 vítimas condenadas á fogueira e a forca por crimes que non cometeron, o 85% delas mulleres.
Horror, humor, reflexión, plasticidade e emoción son as apócemas principais deste conxuro teatral. Unha sucesión de paisaxes espectrais e inesperadas irrompen na escena para que os corpos expresen a súa danza esquecida.