Observaciones |
|
|
A Praza da Peixería acolle a segunda edición da Feira da Cervexa Artesá, coa presenza dunha ducia de produtores de toda Galicia. O aceso é gratuíto pero para consumir é preciso mercar o vaso conmemorativo onde se servirán as cervexas. Tamén hai stands de comida.
O horario de apertura é de 18:00 a 00:30 horas o vernes; de 12,00 a 00:30 o sábado; e de 12:00 a 23:30 o domingo.
O programa elaborado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns é este:
O VENRES 10, as 18:00 horas será a inauguración do evento. Ás 22:00 horas, concerto de música a cargo do grupo de música “LOS PONTIAKS”
O SÁBADO 11, ás 12:00, apertura da feira. Ás 22:00 horas concerto de música o cargo de grupo “BLUE MONK”.
O DOMINGO 12, á s 12:00 horas apertura da feira. Ás 20:00 horas. Entrega de premios dos concursos da mellor etiqueta e mellor cervexa artesá. As 23:30 horas, clausura. |