Observaciones |
|
|
Burning levan mais de corenta anos no candeeiro. Sobreviviron ás súas traxedias persoais e aos cambios propios da música. Sen querelo, colocaron as primeiras pedras da tráxica lenda nacional do rock e escribiron os primeiros himnos da mesma. A música de Burning é canallesca, castiza, chulesca e nostálxica. Os seus temas transpórtannos ás noivas que nunca coñecemos, ás barras que nunca soportaron as nosas penas e aos cigarros que deixamos de fumar. A súa música é para perdedores, para solitarios, para os amantes do esquecemento, de historias inconclusas, de ontes e de xa cho dixen. O seu verbo fácil, a súa mirada turbia e o cheiro a fume son, para calquera alma sensible, un “déja-vu”. Exercicios de nostalxia que rememoran unha escena non vivida senón por vivir. Quizais de aí o título da súa xira: “Vivo e salvaxe”. Burning son Johnny Burning (voz e teclados), Eduardo Pinilla (guitarra), Carlos Guardado (baixo), Kacho Casal (batería), Nico Alvarez (guitarra) e Miguel Slingluff (saxo). |