Observaciones |
|
|
DAMAS DO TERROR Antesala do Salón García
Alonxándose da explotación da violencia e centrándose en temas moito máis profundos como a feminidade e a humanidade, o cinema de terror está a experimentar un cambio grazas a varias realizadoras que enriquecen o xénero aportándolle unha nova profundidade. A través de diversos paneis presentaremos ás creadoras e prescursoras do xénero así como ás novas expoñentes desta revitalización en clave feminina e as súas obras máis importantes. Nomes como o da creadora do monstro da lagoa negra, Milicent Patrick, ou Ida Lupino, única directora na mítica serie The Twilight Zone e a primeira muller en dirixir cine negro, abriron o camiño que logo seguirían Kathryn Bigelow con Os viaxeiros da noite (Near Dark,1987) ou Mary Lambert con Cementerio de animales (Pet Sematary, 1989). Ata chegar á nova ola de directoras de terror como Mary Harron (American Psycho, 2000), Marina de Van (In my Skin, 2002), as irmáns Soska (American Mary, 2012), Jennifer Kent (The Babadook, 2014), Ana Lily Amirpour (A Girl Walks Home Alone at Night, 2014), Karin Kusama (The invitation, 2015), Sophia Takal (Always Shine, 2016), Julia Ducournau (Raw, 2016), Anna Biller (The Love Witch, 2016), Coraline Fargeat (Revenge, 2017), ou Natalie Erika James (Relic, 2020).
|