Observaciones |
|
|
VÍCTOR MANUEL é un dos cantautores más importantes e recoñecidos do panorama musical español, Víctor Manuel, con máis de 50 anos de carreira profesional e un sinfín de éxitos na súa mochila, autor de temas tan emblemáticos como “El Abuelo” ou “Nada sabe tan dulce como tu boca”, chega a Vilagarcía, para presentar o seu último disco “Casi nada está en su sitio”, un traballo que inclúe na súa totalidade temas inéditos compostos polo asturiano.
Ademáis de cantar estes novos temas, Víctor Manuel agasallará ao publico coas cancións de toda a vida, “Niña de agua”, “Solo pienso en ti”, “La Madre” “Quien puso más” o “Viene del Sur”, aquelas que o lanzaron ao éxito e que forman parte xa do cancioneiro popular español e da banda sonora colectiva do noso país. Todo isto, máis a sempre presente Asturias, a súa patria. |