|
Promovida polo Concello de Vilagarcía, a Noite das Meiga regresa con dez poboados meigos, animación, queimada, rosqueillas e moitas máis tapas doces e salgadas.
A festa comeza ás 22.30 horas. O conxuro da queimada farase ás 00.00 horas na Praza de Galicia coa colaboración de Fátima Rey.