Observaciones |
|
|
Pallasos en Rebeldía protagnizan a xornada social de hoxe co espectáculo O Valo. O Valo fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade. Pallasos en Rebeldía -entidade de cooperación internacional a través das artes e con ampla traxectoria en zonas de conflito – decide crear e producir este espectáculo, coa crise das persoas refuxiadas de fondo, para convidar ao público infantil (de educación primaria) a reflexionar e tomar conciencia sobre esta problemática que está a se enquistar nas nosas fronteiras. |