Observaciones |
|
|
FREDI LEIS é un intérprete, músico e compositor galego, publica en 2015 o seu primeiro EP “Días Grandes”. Ese ano publica os seu primeiro álbum Neón, a boa acollida de este traballo fai que na semana de lanzamento se posicione entre os discos máis vendidos das listas españolas, alcanzando o #1 na lista de Itunes e #8 na lista de vendas de álbums. Con máis de 50 concertos Fredi Leis recorre coa súa xira “Días Grandes” as principais cidades españolas (Madrid, Santiago de Compostela, Guitar Fest, Barcelona, Valencia, Murcia etc..). Fredi Leis actúa como artista invitado nos concertos de grandes artistas como Marwan ou David de María e abriu algúns concertos de Alejandro Sanz, Malú e Rozalén no 2016. |