Observaciones |
|
|
NA CONTORNA DE VISTA ALEGRE
SOMOZA TRÍO é unha banda creada coa intención de entreter a través de versións dos mellores clásicos do pop, soul, reggae, funk e blues dos oitenta e noventa e con algunha pincelada de temas máis actuais.
Fran Leiro (baixo e voz) tocou con artistas da altura de Iván Ferreiro, Andy e Lucas, Pitingo ou Melendi. Rocksteady Bob (batería e voz) conta cunha longa traxectoria como batería de directo de importantes bandas do pop-rock venezolano, e Pablo Somoza (guitarra e voz) traballou como músico de sesión nos estudos PKO colaborando con varios artistas nacionais, e actualmente como músico de directo traballando con Javier Gurruchaga, Alejo Stivel, Rafa Sánchez, Viky Larraz... |