Observaciones |
|
|
A Fundación Plácido castro en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa organizan esta xornada internacional na que doutores e intelectuais de Galicia e Irlanda falarán da relación histórica entre ambos pobos a través das experiencias vividas e os relatos realizados por Plácido Castro a principios do pasado século. A xornada conta co apoio da Embaixada de Irlanda en España e Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
PROGRAMA
16.00 Apertura.
16.15 Irlanda en tempos de Plácido Castro. David M. Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin', Universidade da Coruña.
17.00 O galeguismo e Irlanda. Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, doutor en Historia Contemporánea e profesor na Universidade da Coruña.
17.45 Pausa-café.
18.00 A viaxe de Plácido Castro a Irlanda en 1928. David M. Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin', Universidade da Coruña.
18. 45 Relacións culturais entre Galicia e Irlanda: de onte a hoxe. Manuela Palacios González, Profesora Titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Keith Payne, crítico e tradutor; Lector de Inglés na Universidade de Vigo.
19.45 Clausura |