Observaciones |
|
|
Se a bruxería é "o conxunto de crenzas e actividades atribuídos a certas persoas chamadas 'bruxas' que están supostamente dotadas de certas habilidades máxicas", si, Baiuca é un bruxo. E é que maxia parece, pero música é. O produtor galego converteuse nun dos alquimistas máis importantes á hora de recuperar músicas e códigos tradicionais e traelos non só a un marco contemporáneo, senón futurible. Tres anos despois da publicación de "Solpor", o álbum que o converteu nun referente mundial da folktrónica e nun dos alquimistas máis importantes á hora de mesturar música tradicional (neste caso, do seu Galicia natal) con electrónica de vangarda e estruturas e melodías pop; Baiuca presenta "Embruxo", un segundo álbum chamado a convertelo nunha figura aínda máis global no universo electrónico, e que conta con colaboracións de Rodrigo Cuevas, o grupo de pandereteiras- cantareiras Lilaina, o flautista-gaiteiro Cristian Silva ou o percusionista Xosé Lois Romero. |