17:45 – Porto de Vilaxoán. Recinto (concertos de pago)
Gogol Bordello Nao Doctor Krapula Gambeat Los Jinetes del Trópico Bastards on Parade Leo Arremecaghona Chocolate Remix La Duendeneta
GOGOL BORDELLO respira ao ritmo que marca a música xitana da vertente ucraína dos Cárpatos, o dub, o ska e, chegado o caso, ata a rumba ou a tradicional tarantella italiana. Se o escoitas, convérteste en fan ipso facto como lle ocorreu a unha das súas máis ilustres admiradoras, a mesmísima Madonna, que caeu rendida aos pés deste cíngaro de gran mostacho. Actuou nos mellores festivais do mundo (Reeding, Glastonbury, Alive Lisboa…). Ademais, a prestixiosa revista Rolling Stone cualificou ao de Gogol Bordello entre os 20 mellores directos do mundo.
CHOCOLATE REMIX o proxecto de reggaetón encabezado por Romina Bernardo desde 2013 fai unha crítica ao machismo asociado a este estilo e resignificándoo ao utilizar a súa mesma lóxica musical, creando un concepto ao que denomina “ Lesbian Reggaeton”. A proposta xoga cos estereotipos propios do xénero, e aproveitando o forte contido sexual característico deste estilo, aprópiase del para recrealo en clave queer e abordar temas tabú sobre o pracer feminino, a sexualidade e denunciar ademais diversas temáticas que frecuentemente afectaron ao colectivo feminino e LGTB como a discriminación, a censura e a violencia a través das súas letras.