Observaciones |
|
|
As sesións chill out “Ás 9 na Praia” regresa un ano máis, e xa suman doce, ao areal da Concha. O programa organizado pola Concellería de Turismo do Concello de Vilagarcía coa dirección de Carlos Crespo desenvolverase entre o 21 de xullo e o 3 de agosto e coa particularidade de tratarse da edición “máis cañeira” de todas, ao contar cun cartel de concertos totalmente integrado por grupos de blues e rock do panorama galego e tamén con representación local. Ademais, celebraranse os dez anos de vida da Duendeneta, un clásico en ”Ás 9 na Praia”, con pinchadas de DJs colaboradores que se irán alternando cos concertos, e cunha gran festa de aniversario. Tampouco faltará este ano a coidada ambientación e a ampla carta de cócteles e refrescos para acompañar aos fermosos solpores na praia da Concha.
O espazo chill-out ábrese ás 21.00 horas todos os días. Os concertos en durecto comezan ás 22.00 excepco ops da festa final do 3 de agosto.
CONCERTOS EN DIRECTO:
Las Antonias - Venres 22 de xullo. Mallou - Domingo 24 de xullo Blues do País - Martes 26 de xullo TNT Band - Xoves, 28 de xullo. A Amiga Fea - Sábado 20 de xullo Gramola - Luns 1 de agosto Brokem Peah, Dani Barreioe & Friends e La Duendeneta - Mércores 3 de agosto.
SELECCIÓNS MUSICAIS a cargo de:
Maefield DJ - Xoves 21 de xullo Antonio Garrido - Sábado 23 de xullo Moe DJ - Luns 25 de xullo Kris K DJ - Mércores 27 de xullo DJ Rubén - Venres 29 de xullo Carlos Crespo - Domingo 31 de xullo Señora DJ – Martes 2 de agosto
|