Cuñados é unha comedia sobre as peripecias delituosas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado para salvar o que máis queren: a familia. Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan cartos, moitos cartos. Será Sabonis quen lle atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados.