Observaciones |
|
|
O Curtas- Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa arrancará o venres 2 de outubro coa apertura de dúas mostras na Sala Rivas Briones. Unha titulada "Alien Experience", con obxectos a tamaño real da famosa saga fantástica, e outra "Alice, de Pasqual Ferry", as dúas por primeira vez en Galicia.
A entrada é gratuíta pero con control estrito de aforo: 60 persoas en tramos de media hora: ás 20:00, 20:30, 21:00 e 21:30 horas. As visitas durarán arredor de 20 minutos, deixando os outros dez para desinfección da sala de ser necesario.
|