Observaciones |
|
|
A Banda de Música de Vilagarcía pecha este domingo, 18 de setembro, o ciclo de concertos “A banda na Rúa”, o programa promovido pola Concellería de Cultura co obxectivo de dinamizar os espazos públicos da cidade de achegar a toda a cidadanía do municipio o traballo da formación musical. Tras unha exitosa campaña de verán coas rúas cheas de xente para gozar da música da Banda, a agrupación que dirixe Jesús Nogueira porá o fin de festa cun programa moi animado e popular co que deixar un alegre e agradable sabor de boca. Na rúa Covadonga e a partir das 13.00 horas, interpretarán boleros moi coñecidos, temas de Nino Bravo, Abba e mesmo da película Greasse.
|