Fede é un “bluesman” no máis amplo sentido do termo, a súa música é puro blues, diversión en directo e unha brisa de aire fresco para todos os que admiramos a súa marabillosa cabezonería de cantar blues en castelán. Iso é o que o fai especialmente atractivo para toda a xente que adora o xénero. Fede non deixa a ninguén indiferente…é un tipo especial. https://bluesvibe.com/2012/09/25/fede-aguado-cuando-el-blues-se-hace-propio /
MARCOS COLL BAND
Dende Berlín cheganos a MARCOS COLL BAND encabezada polo xenial harmonicista galego, imaxe promocional de HOHNER e coñecido por participar en proxectos coma Los Reyes del KO, Los Mighty Calacas, etc... Compartindo escenario estarán músicos top da escena internacional coma JAN HIRTE (Guitarra / Alemaña), DARY TAYLOR (Baixo / EEUU), AINIE FUJIKA (Batería / Xapón). A banda soe deleitarnos cun amplo e variado repertorio tocando diversos estilos do blues. http://www.marcoscoll.com
DORREY LYLES.-
Será a invitada pola banda de Marcos. Unha blues¬woman que vén do mundo do góspel, onde par¬ticipou nos millores coros do mundo, participando en numerosos musicais. Nada en Nueva Jersey é un espectáculo,destacando a súa maneira de moverse no escenario a súa voz máxica. http://www.dorreylyles.net