|
Carril despide as festas do Entroido co tradicional Enterro da Sardiña que sairá ás 18:30 horas dende a sede do Gato Negro. O responso e a queima da sardiña serán na Praza da Liberdade. Na comitiva funeraria participarán Os Labregos de Trives a maiores dunha recua de choronas, curas e gaitas.