|
TNT Band Gatillazo Rebelióm do Inframundo Talco Valira Skacha El niño de la hipoteca DJ Plan B
GATILLAZO pisará este agosto o #Revenidas19 para cantar contra a careta da ‘paz social’, contra o falso e artificial mito da ‘eterna mocidade’ ou contra os tertulianos. Trinta anos despois dos seus inicios Gatillazo preséntannos con Como converterse en nada un novo exercicio de punk rock rugoso e sen engurras; 14 novas cancións cheas de ironía e rabia co inconfundible selo de Evaristo Páramos, mítico cantante que non para e que aí segue, sen despeitearse.
TALCO Empezaron hai 14 anos en pequenas salas de Marghera e cun disco chamado "Tutti Assolti". Agora presentan o seu novo traballo “ And the Winner Isn’t”, 13 cancións do clásico Punkchanka da banda, pero cun matiz moito máis punk rock de corte californiano. Xamais un disco de ALCO soara así de potente e que se achegara tanto ao espírito en directo da banda.
SKACHA | A vida levounos o retiro e a morriña tróuxoos de volta; a veterana banda galega de punk/rock, “ SKACHA ” volta ás andainas para rescatar o son que os situou coma unha das bandas referentes do streetpunk estatal. Os galegos, voltan baixo a formación orixinal de “A ferro e lume ” (2006), con Esteban (voz), Kino (batería, coros), Gontxu (guitarra/coros), Pablo baixo/coros) e Max (guitarra). Eran xa moitos os que pedían a berros a volta da banda viguesa e os seus himnos os escenarios e será neste 2019 cando voltarán a soar despois de un máis que merecido descanso de 7 anos.
REBELIOM DO INFRAMUNDO | Os rapeiros das Rías Baixas dan un paso máis na súa particular visión do Hip Hop, onde a crítica social convive en harmonía con líricas máis íntimas, e chegarán ao Revenidas con “Ilegal”, o seu terceiro álbum. Ritmos actuais e por primeira vez na súa discografía, a incorporación dunha colaboración que chega da man das valencianas Mafalda, aportan novas cores a un grupo que camiña cara á súa consolidación na escena musical estatal con este novo LP 100% autoeditado en galego.