Observaciones |
|
|
Os afeccionados á música eo canto coral teñen unha cita inmellorable no Salón García o sábado, 5 de outubro, co encontro de corais organizado pola Coral de Sobradelo. No concerto deste ano, ademais da agrupación local, actuará a agrupación Valladares, de Vigo, que se estrea en Vilagarcía, e a Coral Santa Eulalia de Gondomar, unha vella coñecida. O concerto comeza ás 20.30 horas e a entrada é libre e de balde ata completar aforo.
No concerto deste sábado, a Coral de Sobradelo interpretará cinco cancións:
No Prado, melodía popular galega de Ángel Barja. Lonxe da terriña, canción popular galega. En los surcos del amor, de Carlos Guastavino. Al di lá, de Carlo Donida Mogol
|