Observaciones |
|
|
A asociación O Soño de Llith, en colaboración co Concello de Vilagarcía e a Deputación Provincial de Pontevedra, pon en marcha unha nova edición do programa “Festivala. Mulleres Creando”. O programa, que se desenvolverá dende o 20 de agosto ata o 7 de setembro, ábrese coa exposición sobre a saúde mental nas mulleres, que permanecerá exposta ao público na Praza de Galicia.
Nesta sexta edición optouse por abordar a saúde mental nuns tempos nos que este tema acadou maior relevancia tras as consecuencias que en moita xente tiveron a pandemia, o confinamento e as restricións que recortaron a vida social e as relacións persoais. E como asociación feminista que é, abordan o tema enfocándoo cara ás mulleres e a través de distintos puntos de vista expostos en varios paneis. |