Observaciones |
|
|
Por primeira vez na historia da música, réndeselle unha homenaxe chea de agarimo, respecto e admiración a dous grandes da música, un italiano e unha española unidos por un cordón umbilical: o canto. As súas voces resoaron nos mellores teatros do mundo, dende Sidney ata Roma, dende París a Nova York. Estes grandes da ópera foron orgullo para Italia e España, dous países unidos na admiracióna Montserrat Caballé e a Luciano Pavarotti. Hoxe a segunda xeración reúnese para lembrar os seus devanceiros: Montserrat Martí Caballé homenaxeará a súa nai e Simona Todaro Pavarotti o seu tío. Como artistas convidados estarán o barítono Luis Santana e a soprano lixeira María Dolores Crespo Abuín, coa participación do mestre Víctor Carbajo ao piano. |