|De balde, con reserva previa e ata completar aforo.
Venta
|Reservas en www.woutick.es
Observaciones
|
Artista de música urbana que destaca no seu estilo pola súa autenticidade. Ela é puro rap. Non aspira a ser unha “ Trap Queen” nin o necesita. Preséntase na escena hip hop seguindo a onda máis actual e de Vangarda de Estados Unidos que nos fala da volta aos inicios, cando o hip hop era cultura e non mero entretemento. Todos os seus temas teñen contido e profundidade. É unha artista que non se recrea en banalidades, nin no políticamente incorrecto só por impresionar ou incomodar. Wyygga supón a volta á mensaxe como o centro de todo, a volta ao seu estilo da “Música Real”, unha proposta musical, audiovisual e estética na que se mostra tal cal é sen artificio.