Observaciones |
|
|
Luis Iglesia e Marcos Orsi regresan ao Auditorio Municipal de Vilagarcía coa obra “Conexión Pingüín”, unha comedia producida pola compañía Culturactiva QUE fala do grave problema incomunicación que se da na nosa sociedade pese a atoparnos na era das comunicacións. Un mal, o da incomunicación entre as persoas, que causa estragos a todas horas e a todos os niveis: na casa, coa familia, no traballo, no tráfico… Para ilustrar esta situación, a obra toma como puntos de referencia, por un lado, a competición que en 1923 protagonizaron as expedicións de Scott e de Amundsen para ser os primeiros en chegar ao polo sur magnético na Antártida, e por outro, unha conferencia para rememorar esa fazaña un século despois. |