|Anticipada en ataquilla.com (con gastos de xestión), e de non esgotarse, o día da función na billeteira do Auditorio a partir das 19.00 horas
Observaciones
|
Síbaris”, a única incursión no xénero dramático que deixou o escritor vigués Domingo Villar. A produtora Con de Tres Pés trae a Vilagarcía a montaxe que se estreou mundialmente en Vigo a finais do mes de setembro. Dirixida por Lois Blanco, Carlos Blanco encabeza o elenco do que tamén forman parte Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa.
Sinopse
Vinte anos despois de que a publicación de "Síbaris" o convertese na estrela máis rutilante do firmamento literario, o escritor Víctor Morel non atravesa un bo momento: incapaz de escribir nada á altura das expectativas, leva demasiado tempo bloqueado e cunha situación económica cada día máis delicada.Laura, a súa muller, anímao a aceptar unha invitación da Universidade da Sorbona, disposta, como tantas outras institucións, a pagar xenerosamente por unha lección maxistral do célebre autor. Pero a primeira aparición pública de Víctor Morel en anos remata nun ataque de pánico e unha espantada antes de tempo. A vida dos Morel semella afundir no desconsolo, cando Laura atopa unha saída.