Observaciones |
|
|
O apartado social do Festacloown 2022 ábrese cun espectáculo de Cris Ciollazo, que recolle a tradición popular para revivir á famosa bandoleira galega Pepa a Loba, en busca e captura, e con moitas gañas de facer rir. O seu espectáculo está dirixido a público entre 3 e 7 anos
Cris Collazo naceu en Santiago de Compostela en 1986 e medrou no berce dunha aldea chea de fábulas, contos e cantigas. Dos beizos das avoas saíu a maxia da literatura popular que fixeron pouso na súa formación e entendemento da arte dramática. En 2012 viaxa a Brasil para realizar unha xira coa compañía Arte Livre, onde se afianzan as súas inquedanzas sobre o teatro infantil e a dramatización dos contos. Tras un ano de empaparse da cultura e da arte deste país, regresa a Bandeira para poñer en práctica estas aprendizaxes. Dende entón, a súa carreira artística mergúllase na creación de laboratorios, traballos audiovisuais en curtametraxes e a coordinación de proxectos teatrais e de índole social. Sempre cun obxectivo: fomentar o teatro no medio rural. |