|
O Nadal de Vilagarcía arranca coa festa de prendido da iluminación decorativa que, como en anos anteriores, terá lugar na Praza de Galicia. Ademais das acostumadas visitas de Papá Noel e do Elfo Rodelfo, a celebración organizada pola Concellería de Cultura inclúe este ano unha potente animación de rúas a cargo do grupo Troula e o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona. Os actos comezarán ás 18.30 horas, aínda que a gran árbore de Nadal que preside a praza acenderase ás 19.00, ao igual que o resto das luces que decorarán as rúas da cidade durante estas entrañables festas.
AXENDA:
18.30h.- Pasarrúas “A luz do camiño” a cargo do grupo Troula poloas rúas do centro urbano. A comitiva acompaña a Papá Noel. Saída dende a Praza da II República e remate na Praza de Galicia.
18.30h.- Inicio da animación na Praza de Galicia a cargo do Elfo Rodelfo e da presentadora Nerea Hierro.
18.50 h. Chegada á Praza de Galicia de Papá Noel e a súa comitiva. Saúdo de Papé Noel e do alcalde.
19.00 h.- Prendido da árbore e do resto do alumeado de Nadal.
19.10.h. Inicio da recepción de Papá Noel aos nenos e nenas.
19.10h.- Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona.