Observaciones |
|
|
O proxecto musical da artista vilagarciá Enma Castañeiras, “Cruceros Manzanares”, preséntase como o primeiro grupo do xénero caspa-pop, coa tentativa de traer ao presente os sons e ritmos dos setenta e oitenta, que tanto nos fan bailar, pero á súa vez pódense rir con todo o arcaico que arrastramos. Un grupo fresco de verán, divertido e moi bailable, que promete unha chea de cancións de amor, desamor, arrecendo a cloro e a “aftersun”. |